CIG | nota de prensa

O efecto UDC

Este é o slogan que ten a Universidade da Coruña este ano 2024. Cun texto que acompaña e di "cada pequena decisión pode modificar o resultado". E en efecto así é.

O efecto UDC
IMG-20240209-WA0004
IMG-20240209-WA0004

O pasado 1 de decembro o servizo da limpeza da UDC pasou de depender de tres empresas a ser xestionado pola Fundación da universidade (FOAC). Tendo obriga legal de facelo non subrogou a 4 persoas, sendo tres dełegados e unha muller con discapacidade.

A CIG nese momento comezou unha mobilización poła defensa dos dereitos dos/ as trabałIadores/as. Sendo coñecedores desta circunstancia e cun proceso polo medio de cambio de reitor, a FUAC púxose en contacto co sindicato, nun claro intento de tapar nos medios esta situación.

Comprometéronse a solucionar esta inxustiza no SMAC, paso previo nunha demanda xudicial. Crendo na súa palabra paralizouse todo tipo de acción sindical. Sen embargo, dos 4 afectados. so 2 foron subrogados e deixaron fora a un delegado activo e a muller.

Se da primeira vez pensamos que era unha maneira rastreira de actuar típica das peores empresas, desta segunda os feitos manifestan claramente unha intención déspota e clasista de tratar ao persoal da limpeza.

Defendemos o público, pero ASÍ NON!

O efecto UDC